Mario Bermejo regresaba á
Malata pero con distinta camisola. Agora non lucía a camisola verde coa que estabamos acostumados a ver ó basco correr polo campo ferrolán. O dianteiro fichado polo
Albacete deu conta do seu trofeo Pichichi na pasada campaña con dous goles fronte o seu ex-equipo. Nunha Malata a rebosar, Bermejo coa súa nova camisola branca da entidade manchega, foi o heroe e o líder do partido, que rematou en
victoria para os visitantes por 2-3. A pesar de adiantarse o
Racing cun tempranero gol de
Aira no minuto 8,
Pacheco igualaba a contenda vinte minutos máis tarde. Os
erros defensivos do Racing foron determinantes, xa que ainda que o equipo triangulaba e facía circular ben o balón, os manchegos souberon aproveitar os agasallos brindados pola zaga galega.
No último cuarto de hora e en apenas cinco minutos, Mario Bermejo marcou os dous goles que deron o triunfo o Albacete, e pese a non celebralos por cortesía, a Malata tivo que tragar un nú grandísimo na gorxa... No desconto e trala
expulsión do gardamallas do Albacete, Sanzol, Baha recurtou distancia para o Ferrol de penalti... Pero as cousas seguen mal para os irmáns Veiga... Agora mesmo
son antepenúltimos con tan só cinco puntos e catro derrotas nesta tempada...
Na Segunda B, o derbi galego entre o
Negreira e o
Celta B atopou un vencedor coruñés. O Negreira endosoulle un contundente
4-0 ó Celta B, quizais excesivo xa que o Celta non fico tan poucos méritos coma para recoller tantos balóns das súas redes... O
Ourense recibiu unha goleada do
Raio Vallecano no Couto por
1-4. O Raio é un equipo en expansión, e con claras opcións a regresar á categoría de prata... O
Pontevedra recupera folgos logo da súa victoria en terras canarias contra o
Vecindario...
Un solitario gol de Charles dálle un respiro ós de Argibay... Todos os galegos están na metade da táboa: o Pontevedra noveno, o Ourense décimo, o Celta B undécimo e o Negreira décimo terceiro... Mentres non estean máis abaixo...